Skip to Content
Registrations Closed

RETENCIÓN DE TALENTO Como o seguro pode axudarche

ALMORZO ABE

Europe/Madrid
Add to calendar:

As persoas son o maior valor dunha empresa. Por iso, atraer e fidelizar o talento é cada vez máis importante para garantir o crecemento, a estabilidade e a competitividade dos negocios.

Neste novo Almorzo ABE coñeceremos diferentes estratexias e solucións que poden axudar ás empresas a atraer profesionais, mellorar o seu benestar e xerar maior compromiso e fidelización.

Un encontro especialmente pensado para pemes, persoas autónomas e pequenas empresas, no que combinaremos experiencia empresarial, visión profesional e solucións prácticas.

FALAREMOS DE

• Como atraer e fidelizar o talento nun mercado laboral cada vez máis competitivo.

• Que poden facer as empresas para coidar e protexer as súas persoas.

• Solucións e beneficios sociais que poden contribuír ao benestar e ao compromiso dos equipos.

• Ferramentas para ofrecer maior protección e seguridade ás persoas que forman parte da empresa.

• Como incorporar estas solucións á xestión das persoas e á estratexia da empresa.

PARTICIPAN

Juancho Armental — Director Xeral e Director Técnico de Grupo Arestora

Lola García — Xerente de García Sánchez Boiro

Ainhoa Aldao — Directora da Sucursal de Santiago de Allianz

Ledicia Rodríguez — Consultora de Saúde & Protection de Allianz