Skip to Content
Registrations Closed

CAMPAÑA DE HALLOWEEN ABE | TRUCO OU TRATO

ANÓTATE NA CAMPAÑA

Starts
Europe/Madrid
Ends
Europe/Madrid
Add to calendar:

Este Halloween, a ABE pon en marcha unha nova campaña para animar as rúas e os negocios de Boiro.

O sábado 31 de outubro, os negocios asociados que se anoten participarán no noso particular «Truco ou Trato», repartindo nada menos que 7.000 chupa chups terroríficos entre a clientela máis nova.

PRAZO PARA ANOTARSE

As empresas interesadas en participar deberán inscribirse do 19 ao 25 de outubro.

OBRIGATORIA RECOLLIDA DO MATERIAL NA ABE

As empresas participantes poderán recoller na sede da ABE o material da campaña entre o 26 e o 28 de outubro.

É importante respectar este prazo. O material que non sexa recollido entre os días 26 e 28 quedará posteriormente á disposición dos socios que queiran participar na campaña, ata esgotar existencias.

Animádevos a participar e axudemos entre todos a facer deste Halloween unha nova oportunidade para dinamizar os nosos negocios e as rúas de Boiro.