Premios ABE á Excelencia Empresarial 2026
RESERVA DE INVITACIÓNS
A Asociación Boirense de Empresas convídache a participar na gran noite de recoñecemento ao talento empresarial de Boiro, que terá lugar o venres 20 de novembro na Pousada da Galiza Imaxinaria.
Unha ocasión especial para compartir, celebrar e poñer en valor o traballo das empresas e das persoas que contribúen cada día ao desenvolvemento económico do noso municipio.
Reserva aquí as túas entradas para asistir á gala.
Cada socio/a poderá solicitar un máximo de 4 entradas a través deste formulario. Se precisas máis por algún motivo especial, deberás contactar coa ABE para xustificar a solicitude e valorar a súa posible autorización, en función da dispoñibilidade de prazas.
Recollida das entradas
Unha vez enviada a solicitude, recibirás a confirmación da túa reserva. Despois, deberás pasar polas oficinas da ABE para recoller fisicamente as entradas, xa que será necesario presentalas na entrada da gala.
Tes de prazo ata o mércores 18 de novembro para recollelas. Se non o fas antes desa data, as entradas reservadas poderán volver poñerse á disposición doutros socios.
Agardámoste para compartir unha noite moi especial para as empresas de Boiro!