¿DIRIXES O TEU NEGOCIO OU SÓ APAGAS LUMES?
ALMORZO ABE
¿DIRIXES O TEU NEGOCIO OU SÓ APAGAS LUMES?
60 minutos para dar dirección aos próximos 12 meses do teu negocio.
A ABE organiza esta sesión práctica para axudarche a parar, revisar o rumbo do teu negocio, detectar que te está freando e concretar as prioridades dos próximos meses.
Almorzo + Píldora formativa + Networking
Durante a sesión imos traballar tres cuestións clave:
1. Comproba se avanzas ou te estás desviando
Unha análise exprés da situación actual para identificar onde estás, cara onde vas e que necesita atención.
2. Converte unha intención nunha meta de verdade
Aprenderás a formular unha meta clara, medible e con prazo, conectada coa realidade do teu negocio.
3. Comeza a debuxar os teus próximos 12 meses
Preguntas, exercicios e contraste de ideas para ordenar prioridades e concretar decisións que poidas levar á práctica.
Ademais, cada participante levará un análise preliminar do seu negocio e un plan básico de acción con horizonte de 12 meses.
Dirixido a: comerciantes, hostaleiros, autónomos e responsables de pemes.
Imparten: Guillermo Goldman e Ricardo Riveiro.
Reserva a túa praza a través do botón de inscribirse